EPIDAT

EPIDAT

Análise epidemiolóxica de datos. Versións 3.1 e 4.2
 
Dispoñible a versión 4.2 de Epidat (29 de xullo de 2016)

Epidat é un programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) co apoio da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS) e a Universidad CES de Colombia.

Por ser de libre distribución non só se permite, senón que se agradece a súa difusión e calquera tipo de crítica ou comentario que axude a mellorar futuras versións.

 

 

L_EPIDAT.PNG
 

 

Obxectivos de Epidat

• Aportar unha ferramenta de manexo sinxelo e de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos que cubra algunhas omisións nas aplicacións máis estendidas.
• Apoiar e facilitar a docencia en epidemioloxía, tanto no ámbito da cooperación técnica como no universitario.
• Fortalecer a capacidade analítica dos profesionais de saúde.
• Ofrecer unha fonte de formación autodidacta en determinadas áreas escollidas da estatística aplicada á epidemioloxía.

 

Versións de Epidat

Actualmente distribúense dúas versións de Epidat, a 3.1 e a 4.2. A versión máis recente non substitúe totalmente á 3.1 porque non inclúe, de momento, todos os módulos de dita versión. Inicialmente, Epidat 4.0 saíu á luz con 8 dos 19 módulos previstos e, tempo despois, engadiuse o módulo de Análise bayesiana (versión que foi considerada a 4.0.1). A continuación engadíronse os módulos de Inferencia sobre parámetros e Regresión loxística, ademais de modificar considerablemente o módulo de Medición de desigualdades en saúde (versión que foi considerada a 4.1). A versión 4.2 actual inclúe un módulo máis, Índices de desenvolvemento ou privación. Os restantes módulos iranse engadindo progresivamente (Lista de módulos)

 
 

Enderezo de contacto

Servizo de Epidemioloxía
Dirección Xeral de Saúde Pública
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15703, Santiago de Compostela
A Coruña, España
Tf: 881-54 67 59
Fax: 881-54 29 70

email: soporte.epidat@sergas.es
web: www.sergas.es/Saude-publica/EPIDAT