Xornada 5º Aniversario Bibliosauìde(1).jpg

O encontro desenvolveuse no salón de actos da Escola Galega de Administración Sanitaria, en Santiago de Compostela, e asistiron 48 profesionais do ámbito sanitario, da información, as universidades, etc.

 

Para celebrar esta xornada invitouse a Evaristo Jiménez Contreras da universidade de Granada, a Jordi Serrano Muñoz da universidade Politécnica de Cataluña, e a Arturo Louro, facultativo do Sergas no centro de saúde de Cambre.

 

A intervención que abriu o encontro foi a de Carlos Gonzalez Guitián, Coordinador de Bibliosaúde, que fixo un repaso das accións desenvolvidas en Bibliosaúde durante estes cinco anos. A continuación Evaristo Jiménez falou sobre "Bibliometría e avaliación: diagnóstico, tratamento e contraindicacións" e foi presentado por María Sobrido responsable do proxecto de produción científica do Sergas (Sophos). Jordi Serrano presentó o seu relatorio titulado "O acceso aberto á ciencia e os repositorios de información científica", nesta ocasión a introdución realizouna Carmen Rodríguez Otero, responsable do proxecto de repositorio institucional da Consellería de Sanidade (Sophia). Para finalizar interveu Arturo Louro que presentó a súa experiencia como usuario nunha conferencia de clausura titulada "Como resolvo as miñas dúbidas clínicas".

O acto foi clausurado pola Conselleira de Sanidade Rocio Mosquera.

 

Pola tarde celebrouse unha reunión da Comisión Técnica de Bibliosaúde cos convidados Evaristo Jiménez e Jordi Serrano co obxectivo de coñecer as súas experiencias en detalle e formular dúbidas que axuden no futuro desenvolvemento dos proxectos Sophos e Sophia.

 

Froito da actividade deste intenso día son as seguintes recomendacións:

  • Participación e implicación dos usuarios de Bibliosaúde no desenvolvemento de contidos e servizos da Biblioteca Virtual (BV)
  • Integración e acceso dos recursos de información científica na historia clínica
  • Xestión e integración da información xerada pola Consellería/Sergas, actualmente dispersa no Intranet de cada Área de saúde, nos sistemas de información científica
  • Integración dos recursos da BV con outros aplicativos da Consellería: Expediente-e, sistemas de análise da actividade científica dos Institutos de Investigación...
  • Deseño dun portal do Profesional Investigador do Sergas