¿Que é o catálogo colectivo de libros e para que serve?

O catálogo colectivo de libros en liña permítelle saber qué documentos, fundamentalmente libros e material audiovisual, forman parte das coleccións das bibliotecas da rede do Sistema Sanitario Público Galego. Axudaralle a obter información sobre se existe un determinado libro nalgunha das bibliotecas da rede, e saber en cál está situado fisicamente para poder acudir a consultalo ou solicitar un préstamo. Na sección de preguntas sobre o préstamo, poderá ampliar esta información.

 

¿Que é o catálogo colectivo de revistas e para que serve?

O catálogo colectivo de revistas en liña permítelle coñecer os títulos de revistas impresas ou electrónicas que forman parte das coleccións individuais das bibliotecas da rede do Sistema Sanitario Público Galego. Axudarao a obter información sobre se existe unha determinada publicación periódica ou revista nalgunha das bibliotecas da rede, e no caso das revistas en formato impreso, saber en que biblioteca está localizada fisicamente para acudir a consultala ou poder solicitar un préstamo. Na sección de preguntas sobre o préstamo, poderá ampliar esta información.