Título

Resumo V Xornada Bibliosaúde e XIII Xornada Expania

Texto destacado

Durante os días 19 e 20 de maio, Bibliosaúde organizou dúas xornadas en Santiago de Compostela. A primeira, o día 19 pola mañá, foi a V Xornada Bibliosaúde. Este ano o tema da Xornada eran as Redes Sociais, e contamos coa presenza de Rafa Bravo médico de Atención Primaria de Madrid, Montaña Vivas de Saludteca do Servizo Estremeño de Saúde, Luís Arantón do Hospital de Ferrol (CHUF-XXIF), Rodrigo Gómez da Axencia do coñecemento en Saúde (ACIS) e Myriam Sierra do Hospital de Ourense (CHUO-XXIF). Ademais de facer un repaso polas redes sociais de medicamento, os seus blogues e as súas campañas desde a Atención Primaria , coñecemos tamén a metodoloxía de traballo dun blogue dunha biblioteca de ciencias da saúde como é "Pílulas" (https://mariamontanavivas.wordpress.com/ ), ou o que supoñen as redes sociais para a enfermería , a innovación, ou un gabinete de comunicación dunha área sanitaria.

Etiqueta

-

Temas

Formación

Tipos de recursos

-

Grupos de información

Información xeral