Título

GlobalData

Texto destacado

Global Data é unha BD basicamente para levar a cabo estudos de mercado. Esta ferramenta cobre dous sectores: Medical e Pharma. 1. Global Data Medical - Permite atopar un produto ou servizo a través da procura de compañías. - Dá información sobre o tamaño de mercado do equipo médico de interese, as vendas,crecemento futuro e permite filtrar por zonas xeográficas. - Análise de mercado: permite comprar vendas do equipo medico, perspectivas de crecemento e accións da compañía en todo o mercado e a xeografía. - Dáche información sobre os ensaios clínicos levados a cabo, e chequear a seguridade e efectividade para tratar indicacións específicas. - Permite filtrar os medical devices por área terapéutica e por aplicación. 2. Global Data Pharma - Dáche datos de epidemilogía e tamaño de mercado. - Patentes: pódese filtrar por área terapéutica, produto, tipo de patente, estado da patente, xeografía, etc. - Investigadores: permite filtralos por área terapéutica, rexión, institución, etc. 3. Pipeline Products: Dá información a nivel mundial. Pódense seleccionar os produtos por área terapéutica, por compañía, comparar indicadores, compañías, etc. 4. Marketed Products: Mesmas posibilidades que para os Pipeline Products 5. Products by disease: Permíteche buscar produtos en función da enfermidade de interese. 6. Companies - Company Financial Benchmarking: permite comparar a situación financeira de diferentes compañías respecto un mesmo produto (medical e pharma). - Company Operational Benchmarking: permite comparar o funcionamento dos equipos médicos das diferentes empresas. - Company Strategic Benchmarking (SWOT): permite comparar a análise estratéxica das compañías biomédicas máis importantes. Como resultado dáche información das fortalezas e debilidades de cada empresa. 7. Deals: Proporciona información completa e actualizada sobre fusións, adquisicións, transaccións de activos, capital privado, financiamento de risco, etc. 8. Servizo de soporte: Permite mandar unha dúbida a un analista especializado. 9. Alerts: Contén unha función que permite ao usuario xestionar alertas.

Etiqueta

Estudos de mercad

Temas

Innovación Sanitaria , Estudos e informes de mercado: estado da arte

Tipos de recursos

-

Grupos de información

Recursos de información