QUE É ORCID?
ORCID (Open Researcher and Contribution), unha organización sen fins de lucro, apoiada por editoriais científicas como Nature, Elsevier e Hindawi e institucións de investigación elites como o CERN ou o MIT. A súa finalidade é ofrecer á comunidade científica unha ferramenta para a identificación inequívoca e desambiguación na firma científica dun autor.
O rexistro ORCID é un identificador composto por 16 díxitos, que permite aos investigadores dispoñer dun código de autor permanente e inequívoco.
                                        Orcid.png

POR QUE É IMPORTANTE DARME DE ALTA?
O uso dun identificador único é unha vía apropiada para identificar correctamente un autor e a toda a súa traxectoria investigadora.
As principais editoriais científicas están a solicitar xa aos autores que envíen o seu ORCID como un sistema de identificación.
Diferentes axencias financiadores, nacionais e internacionais solicitan xa a incorporación do ORCID nas solicitudes enviadas.
COMO REGISTRASME
Crear unha conta ORCID é un procedemento moi sinxelo, que se pode levar a cabo a través da dirección:
Unha vez o autor se rexistre, poderá editar, modificar, actualizar o seu rexistro e terá todo o control sobre que datos do seu perfil quere que sexan públicos ou privados, ou compartilos só con determinados axentes (editores, universidades, etc.). Os datos privados só serán usados polo sistema para facer desambiguacións en casos de dúbida.
 
BTTT.png