O debate na mesa redonda fluíu de forma natural, entre as preguntas do público e os comentarios dos interlocutores. Un dos temas que maioritariamente se analizou foi o por que non teñen máis eco na nosa contorna sanitaria do Sergas as redes sociais, a formulación de comezar a traballar neste campo por parte da nosa institución, expúxose como unha invitación aos responsables da Consellería para regular e animar a diferentes sectores da organización para traballar nestas novas formas de comunicación.
A continuación puidemos escoitar a Ofer Mosseri, Director Xeral de Ex Libris para Europa, Oriente Medio e Africa que nos falou de "Ex Libris-ProQuest Strategy and Roadmap", onde nos adiantou as estratexias e plans de futuro inmediato para os usuarios tras a compra de Ex Libris por parte de Proquest: a convivencia dos produtos de ambas as compañías pero coas melloras en cada unha das ferramentas como un índice común para Primo ou Summon, ou a integración de persoal técnico de Greendata en Ex Libris.
Puidemos coñecer tamén a nova interface de usuario de Primo, moito máis moderna e amigable, con notables melloras que os usuarios sen dúbida apreciarán.
E por suposto, as comunicacións dos usuarios, onde participaron activamente algunhas comunidades virtuais de ciencias da saúde, que empezaron a poñer en marcha os seus proxectos de PRIMO participantes na Plataforma de Xestión do Coñecemento do SNS, ou os novos desenvolvementos levados a cabo nas plataformas de PRIMO pola Universidade Politécnica de Valencia e que tanto nos gustaron ás bibliotecas de ciencias da saúde, así como a comunicación onde se comparaban Primo e Summon de Gaspar Olmedo, e que agora cobra o sentido de enriquecer a ambos os produtos coas melloras de cada unha das ferramentas.
- Un chat de comunicación co usuario intergrado en Primo - Andrés Lloret (UPV)
- E-book como tipo de documento en Primo: problemática e solución - Gloria Colomina (UPV)
- Unha análise de como buscan os nosos usuarios en Primo - Uxía Gutierrez Couto (Bibliosaude), Marisa Alonso (Hospital Virxe da Saúde de Toledo), Carmen Rodríguez Otero (Bibliosaude)
- Descubrindo Primo en BVgcSalud - Mercedes Currais Canel, Carolina Pinín Osorio (Biblioteca Virtual gcSalud Asturias)
- Primo na Biblioteca Sanitaria Online de Castela e León: unha aposta pola intergración de recursos - María Pilar Díaz Ruiz (Biblioteca Sanitaria de Castela e León)
- Primo vs. Summon: unha comparación desde a experiencia - Gaspar Olmedo (CSIC)
- Biblioteca da Universitat Politècnica de Valencia, plans de futuro - Anna Campos (UPV)
- As comunicacións poderán baixarse desde : http://www.expania.es/node/373