google_drive_logo_3963.pngQue é Google Drive?

 Trátase dunha ferramenta ofimática gratuita online ofrecida por Google, antigamente era coñecida coma “Google Docs”, e permítenos darlle os seguintes usos:
·      Creación dos principais tipos de documentos ofimáticos: Documentos de texto, presentacións, follas de cálculo, formularios e debuxos. 
·      Subir os nosos documentos (por exemplo, PDFs, ou documentos de Microsoft Word) para ter unha copia de seguridade na nube e poder acceder a eles dende calquer ordenador.
·      Traballar de forma colectiva, permitindo compartir documentos e editalos con compañeiros de traballo

Como utilizalo?

Se xa dispoñemos dunha conta de Google podemos utilizala en Google Drive, se non a temos, debemos creala na seguinte ligazón:
Cando teñamos a nosa conta de Google, entraremos en Google Drive para comezar a utilizar a ferramenta:
Unha vez logueados na páxina, poderemos comezar a crear documentos, premeremos no botón vermello “Crear” e seleccionaremos o tipo de documento desexado, a opción “Documento”, permitiranos traballar dunha forma semellante a “Microsoft Word”:
                                                         creard.png

Google Drive garda automaticamente todos os cambios que realicemos no documento, e unha vez rematado, pasará ao noso arquivo de documentos, que veremos cada vez que accedamos a Google Drive.
Para subir un documento noso, para telo dispoñible nesta ferramenta premeremos a frecha que se atopa ó lado do botón “Crear”, a continuación seleccionamos “Archivos” e poderemos seleccionar o documento que desexemos, unha vez seleccionado, o programa subirao automaticamente e pasará a formar parte do noso arquivo. (Dispoñemos de 15 Xigabytes de espazo)

Como compartir un documento?

Se un documento debe ser confeccionado por varias persoas, podemos compartilo cos nosos compañeiros de traballo para que poidan visualizalo ou editalo, isto farémolo da seguinte maneira:
No noso arquivo de documentos, faremos clic no botón dereito do rato, e seleccionamos “Compartir
                                  compartir1.png

A continuación Google Drive pediranos a dirección de correo electrónico de Google da persoa ou persoas que traballarán con este documento, poderemos concederlles permisos para “editar” (facer cambios) ou “ver” (poder visualizar o documento pero non facer cambios).

Ligazóns para aprender máis

Esta foi unha pequeña introducción a Google Drive, pero xunto a práctica, existen múltiples titoriais en Internet que poden ser de interese:
BTicon.png