Global Data é unha BD basicamente para levar a cabo estudos de mercado. Esta ferramenta cobre dous sectores: Medical e Pharma.
1. Global Data Medical
- Permite atopar un produto ou servizo a través da procura de compañías.
- Dá información sobre o tamaño de mercado do equipo médico de interese, as vendas,crecemento futuro e permite filtrar por zonas xeográficas.
- Análise de mercado: permite comprar vendas do equipo medico, perspectivas de crecemento e accións da compañía en todo o mercado e a xeografía.
- Dáche información sobre os ensaios clínicos levados a cabo, e chequear a seguridade e efectividade para tratar indicacións específicas.
- Permite filtrar os medical devices por área terapéutica e por aplicación.
2. Global Data Pharma
- Dáche datos de epidemilogía e tamaño de mercado.
- Patentes: pódese filtrar por área terapéutica, produto, tipo de patente, estado da patente, xeografía, etc.
- Investigadores: permite filtralos por área terapéutica, rexión, institución, etc.
3. Pipeline Products: Dá información a nivel mundial.
Pódense seleccionar os produtos por área terapéutica, por compañía, comparar indicadores, compañías, etc.
4. Marketed Products: Mesmas posibilidades que para os Pipeline Products
5. Products by disease: Permíteche buscar produtos en función da enfermidade de interese.
6. Companies
- Company Financial Benchmarking: permite comparar a situación financeira de diferentes compañías respecto un mesmo produto (medical e pharma).
- Company Operational Benchmarking: permite comparar o funcionamento dos equipos médicos das diferentes empresas.
- Company Strategic Benchmarking (SWOT): permite comparar a análise estratéxica das compañías biomédicas máis importantes. Como resultado dáche información das fortalezas e debilidades de cada empresa.
7. Deals: Proporciona información completa e actualizada sobre fusións, adquisicións, transaccións de activos, capital privado, financiamento de risco, etc.
8. Servizo de soporte: Permite mandar unha dúbida a un analista especializado.
9. Alerts: Contén unha función que permite ao usuario xestionar alertas.