A Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia está constituída pola rede de bibliotecas dos centros sanitarios e servizos centrais. O seu obxectivo é poñer a disposición dos usuarios información relevante para a toma de decisións na práctica clínica, na xestión, a docencia e a investigación, e fomentar a súa actualización.
Bibliosaúde reúne nun único sitio diferentes fontes de información avaliadas, garantindo a calidade e actualización dos seus contidos, e respectando a lexislación de propiedade intelectual.
Lembrámoslle que o subministro de datos aos editores para personalizar as opcións que se lle ofrecen nos produtos aos que pode acceder dende esta biblioteca virtual é responsabilidade exclusiva dos usuarios de Bibliosaúde. Estes datos poderán ser incorporados aos ficheiros dos respectivos editores e, en consecuencia, o seu tratamento será alleo a Bibliosaúde